Páxinas

viernes, 20 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL

 

Hoxe os trasnos quedamos encantados co bonito que quedou o festival de Nadal. Que ben o fixeron tódolos nenos do cole! Pasámolo moi divertido mirando por un buratiño tódalas actuacións dos cativos. Aquí vos deixamos a actuación dos pillabáns da clase amarela. Que marcha que teñen estes rapaces!

Grazas a tódalas familias que poidestes estar con eles, e as que non, pois agardamos que vos guste o video.

 

FESTIVAL DE NADAL from Bétol Pichel on Vimeo.

jueves, 19 de diciembre de 2013

OS REIS MAGOS VISITAN O COLE

 

Que emoción se respiraba hoxe no cole, e non era para menos, tivemos a visita dos Reis Magos. Recolleron as cartas dos nenos e trouxeron unha chea de regaliños para o cole. Conócese que estes raparigos se portaron moi ben todo o ano.

 

Bicos dos trasnos!

lunes, 9 de diciembre de 2013

PREPARANDO O NADAL

 

Tódolos nenos están a participar na decoración do Nadal. Na aula amarela fixeron unhas guirnaldas para decora-la árbore que hai na porta da entrada.

Que bonita está quedando:

 

IMG_2906

IMG_2903

IMG_2911

jueves, 5 de diciembre de 2013

VISITA DO DENTISTA

 

Hoxe viñeron a dar unha charla de saúde buco-dental uns dentistas. Contáronnos que había que coidar moi ben os dentes, e como había que limpalos.

Como os nenos se portaron moi ben agasalláronos cun cepillo de dentes para que non se esquezan de os limpar a cotío.

varios 049 []

 

varios 057 []

 

varios 059 []

Bicos dos trasnos.

viernes, 29 de noviembre de 2013

PAN DE MILLO

 

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxo como actividade para todo o alumnado e profesorado do centro preparar cada mes unha canción para cantala todos xuntiños o último venres do mes logo do recreo.

Así que este mes os pequechos e pequechas prepararon Pan de millo, do grupo Migallas, aproveitando a época do ano na que nos atopamos.

Pero antes de cantala, estiveron a aprender que era o millo, e como se facía o pan, e mirade que cesta máis chula nos achegou a familia dun alumno. Onde poidemos ver e toca-lo millo e apalpar como queda a fariña antes e despois de peneirala.

IMG_2756  IMG_2752

Aquí vos deixamos un enlace para que poidades escoitar algo do tema do mes.

A bailar con Pan de millo!!

PAN DE MILLO

Bicos dos trasniños.

viernes, 22 de noviembre de 2013

OUTONO NA PASTORA

 

Que divertido o pasaron hoxe os nenos da nosa clase e os da clase da profe Dolo, que saíron todos xuntiños a merendar ó monte da Pastora. Pasearon polo monte, recolleron froitos, subiron ata o miradoiro e tiráronse follas uns ós outros.

Achegámosvos un vídeo ilustrativo.

Saúdos dos trasnos.

Outono na Pastora from Bétol Pichel on Vimeo.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

TEATRO

 

Hoxe contounos un paxariño, bueno, un paxariño non, un trasniño de Pontevedra

que os nenos e nenas de 5º foron ver unha obra de teatro. A obra chámase “Nuncabunga”

e é da compañía Elefante Elegante, que ós trasniños nos gusta moito, e cando actúan en

Cambados ímolos ver agochadiños tra-la lona.

Se picades aquí, Nuncabunga, podedes ver unha pequena presentación da obra.

 

IMG_2733 IMG_2737 IMG_2735

IMG_2740 IMG_2743 IMG_2744

martes, 12 de noviembre de 2013

MAGOSTO

 

Celebrámo-lo Magosto na escola. Os pequerrechos saíron mirar o lume.

Logo comeron as castañas asadas que estaban moi ricas, que quedaron

unhas poucas sobras e nós pola noite comémolas.

Fixemos este video coa canción que tiñan preparada todos os alumnos do cole

para cantar xuntiños ó remata-la comilona.

Magosto non chas quero from Bétol Pichel on Vimeo.

Saúde,

os trasnos.

jueves, 7 de noviembre de 2013

IMOS PREPARANDO O MAGOSTO


O vindeiro martes celebraremos a festa do magosto, por iso na aula amarela, os nenos
están a preparar a bolsa para gardar as castañas e pintando unha castaña.
IMG_2684       IMG_2697
Tamén escoitamos que andan a preparar unha canción moi bonita que se chama “non chas
quero” e que van a cantar con tódolos nenos do cole o día da festa.
Pasadeo ben!


martes, 29 de octubre de 2013

FESTA DO SAMAÍN

 

VAIA SUSTO LEVAMOS CANDO CHEGARON OS CATIVOS Á CLASE!

Os trasnos pensamos que nos invadían bruxas, pantasmas, demos,…, menos mal que xa nos demos conta de que hoxe é a festa do Samaín.

                                   IMG_2607          IMG_2608

                                 IMG_2609            IMG_2610             

Que divertido! Os nenos disfrázáronse e no cole houbo talleres para pasalo de medo.

Na clase amarela tocou o taller de cociña, mirade que delicias prepararon os nenos, a que son arrepiantes?

                                    IMG_2643                 

                                   IMG_2646          IMG_2645

E logo…, tocou papalas.

IMG_2655  IMG_2656  IMG_2657

IMG_2659  IMG_2660  IMG_2661

IMG_2662  IMG_2663 

Un bico dos trasnos.

viernes, 25 de octubre de 2013

PREPARANDO O SAMAÍN

Os cativos e cativas comezaron a prepararse para a festa do Samaín, que medo!!.

Pintaron cabazas e algúns rapaces xa foron traendo algunhas das súas casas.

Menudo susto nos levamos os trasnos cando nos atopamos con elas na clase!

IMG_2595

      IMG_2598

IMG_2599

      IMG_2604

miércoles, 23 de octubre de 2013

A PLUMILLA

 

Logo da pluma inventouse a plumilla, xa que as plumas de ave eran moi febles e partían con facilidade.

Para escribir ou debuxar coa plumilla tamén se molla na tinta coma coas plumas de ave.

Hoxe achegouse Sara, a filla da profe Dolo á nosa clase para facernos un debuxo a plumilla ben lindo dun trasniño.

Será algún de nós dos que andamos a trafegar polo cole da Pastora? Shhhhh, é un segredo.

IMG_2594

Os rapaces tamén fixeron moi bos debuxos coas plumillas. Están feitos uns artistazas!

IMG_2763

IMG_2768

IMG_2775

Mirade que ben lle quedou o debuxo do trasno a Sara. A quen se nos asemellará?

IMG_2677

Saudíños dos trasnos.

martes, 22 de octubre de 2013

ANTES ESCRIBÍAN CON PLUMAS DE AVE!!

Dentro do proxecto dos inventos que cambiaron a escola, hoxe os nenos traballaron con plumas de ave. Primeiro a mestra axudounos a pintar collendo tinta do tinteiro:

IMG_2525IMG_2559

E logo xa se animaron eles soíños a pintar coas plumas mollando na tinta de cores, Fixeron cousas ben bonitas.

IMG_2527IMG_2541

Bicos dos trasnos.