Páxinas

Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO DOS VERMES DE SEDA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO DOS VERMES DE SEDA. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de mayo de 2014

OS VERMES CONVÉRTENSE EN CASULOS

 

Que emocionante o que nos está a acontecer na aula amarela. Os vermes que lles regalamos os trasnos ós nenos e nenas hai xa un mes, están comezando a face-lo casulo.

Aquí vos deixamos todo o proceso dende que comeza a soltar o fio de seda ata que se acocha completamente dentro do casulo.

IMG_3882

IMG_3883

IMG_3884

IMG_3886

viernes, 9 de mayo de 2014

OS VERMES DE SEDA

 

Mirade, mirade, que ben están a medra-los vermes da clase amarela.

Agora si que se nota a diferenza entre os ovos, os vermiños recén nados e os nosos grandotes que case cumpren 3 semanas.

 

IMG_3801

lunes, 5 de mayo de 2014

OS VERMES

 

Mirade que grandotes están xa os vermes que lles regalamos aos nenos da clase amarela.

IMG_3768

Non paran de comer e comer e de medrar. Axiña farán o seu capullo.

Xa vos iremos ensinando.

Saúdos dos trasnos

martes, 22 de abril de 2014

SORPRESA DOS TRASNOS

 

Os trasnos xa tiñamos ganas de que voltasen os nenos e nenas á escola, que nos estabamos a aburrir.

Así que… sorpresa!!!

Deixámoslles uns agasallos de benvida.

IMG_3658 (700x700)

O encargado abriu os paquetes e neles había dous xogos para os recunchos da aula.

IMG_3660 (700x700)

Pero o que máis ilusión lles fixo foi o contido da caixa branca….

… uns vermes!!!!

DSC08898 (700x700)

A profe Dolo díxolles que eran vermes deses que fan seda e os nenos e a profe Bétol miraron en Internet e aprenderon cousas para coidalos: que comen moreira (e que no cole hai unha moreira), que fan un capullo de seda e ali quedan durmidiños e dos capullos saen bolboretas!!!

Que contentos estamos os trasnos de que vos gusten!!!