Páxinas

martes, 29 de octubre de 2013

FESTA DO SAMAÍN

 

VAIA SUSTO LEVAMOS CANDO CHEGARON OS CATIVOS Á CLASE!

Os trasnos pensamos que nos invadían bruxas, pantasmas, demos,…, menos mal que xa nos demos conta de que hoxe é a festa do Samaín.

                                   IMG_2607          IMG_2608

                                 IMG_2609            IMG_2610             

Que divertido! Os nenos disfrázáronse e no cole houbo talleres para pasalo de medo.

Na clase amarela tocou o taller de cociña, mirade que delicias prepararon os nenos, a que son arrepiantes?

                                    IMG_2643                 

                                   IMG_2646          IMG_2645

E logo…, tocou papalas.

IMG_2655  IMG_2656  IMG_2657

IMG_2659  IMG_2660  IMG_2661

IMG_2662  IMG_2663 

Un bico dos trasnos.

viernes, 25 de octubre de 2013

PREPARANDO O SAMAÍN

Os cativos e cativas comezaron a prepararse para a festa do Samaín, que medo!!.

Pintaron cabazas e algúns rapaces xa foron traendo algunhas das súas casas.

Menudo susto nos levamos os trasnos cando nos atopamos con elas na clase!

IMG_2595

      IMG_2598

IMG_2599

      IMG_2604

miércoles, 23 de octubre de 2013

A PLUMILLA

 

Logo da pluma inventouse a plumilla, xa que as plumas de ave eran moi febles e partían con facilidade.

Para escribir ou debuxar coa plumilla tamén se molla na tinta coma coas plumas de ave.

Hoxe achegouse Sara, a filla da profe Dolo á nosa clase para facernos un debuxo a plumilla ben lindo dun trasniño.

Será algún de nós dos que andamos a trafegar polo cole da Pastora? Shhhhh, é un segredo.

IMG_2594

Os rapaces tamén fixeron moi bos debuxos coas plumillas. Están feitos uns artistazas!

IMG_2763

IMG_2768

IMG_2775

Mirade que ben lle quedou o debuxo do trasno a Sara. A quen se nos asemellará?

IMG_2677

Saudíños dos trasnos.

martes, 22 de octubre de 2013

ANTES ESCRIBÍAN CON PLUMAS DE AVE!!

Dentro do proxecto dos inventos que cambiaron a escola, hoxe os nenos traballaron con plumas de ave. Primeiro a mestra axudounos a pintar collendo tinta do tinteiro:

IMG_2525IMG_2559

E logo xa se animaron eles soíños a pintar coas plumas mollando na tinta de cores, Fixeron cousas ben bonitas.

IMG_2527IMG_2541

Bicos dos trasnos.

ANIVERSARIO DE DANIEL

 

Pastel de cumpleañosPARABÉNS DANIEL!

IMG_2512

IMG_2514

ANIVERSARIO DE LARA

 

Pastel de cumpleañosPARABÉNS LARA!

 

IMG_2501

IMG_2500

jueves, 10 de octubre de 2013

OS INVENTOS QUE CAMBIARON A ESCOLA

Como lles tocou estudar os inventos modernos, os pequenos de 5ºB comezaron por investigar cales foron aqueles inventos que cambiaron a escola e, sobre todo o xeito de escribir. Así que nos puxeron mans á obra, e os nenos aportaron a idea de que nun primeiro momento se escribía cun pau. E sairon ó patio de area a escribir cuns paus.
IMG_2483
Pero déronse conta de que na area se borraba o que estabamos a escribir.
IMG_2480
IMG_2473
Así que voltaron á aula para pintar cos paus sobre o papel e mollando na tinta, e este foi o resultado:
IMG_2679                               IMG_2680
Mirade canto traballaron:
Bicos dos trasnos

sábado, 5 de octubre de 2013

PROXECTO DOS INVENTOS

 

Na escola da Pastora comezamos a traballar nun novo proxecto: OS INVENTOS

Os nenos e nenas aprenderán como e cando se crearon os inventos máis importantes para a humanidade.

Os pequechos de 5 anos estudarán as invencións da prehistoria, os de 3 anos da idade medieval, e os de 4 averiguaremos que cousas nos axudan a vivir mellor no mundo moderno e as que nos facilitarán a vida no futuro.

Xa vos iremos informando de como van traballando.

Os trasnos