Páxinas
jueves, 30 de enero de 2014
DÍA DA PAZ
VIDEO DA PAZ from Claseamarela on Vimeo.
lunes, 27 de enero de 2014
PREPARÁNDONOS PARA A PAZ
Andan os pequerrechos da clase amarela a prepara-lo mural para o día da paz.
Entre tódalas clases do cole van facer un mural dunha pomba. Seguro que quedará precioso.
Bicos dos trasnos!
jueves, 23 de enero de 2014
MÁQUINA DE ESCRIBIR
Mirade cal foi a sorpresa: unhas máquinas de escribir. Que bonitas son, e unha é moi antiga. Agora hai que comprobar que escriban e a practicar coma os nosos avós.
SORPRESA DOS TRASNOS!
Esta noite os trasnos preparamos un agasallo para axudar ós nenos co seu proxecto dos inventos. Que será, será?
viernes, 17 de enero de 2014
MOCHILA VIAXEIRA
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha as mochilas viaxeiras. En cada aula haberá unha mochila cargadiña de libros, música e contos que os nenos levarán á casa para disfrutaren con toda a familia.
Na nosa aula as datas son:
UXÍA | Do 20-01 ata o 27-01 |
PEDRO | Do 27-01 ata o 03-02 |
NURIA | Do 03-02 ata o 10-02 |
YERAI | Do 10-02 ata o 17-02 |
LARA | Do 17-02 ata o 24-02 |
PABLO G. | Do 24-02 ata o 06-03 |
ANTÓN | Do 10-03 ata o 17-03 |
ÁFRICA | Do 17-03 ata o 24-03 |
VÍCTOR | Do 24-03 ata o 31-03 |
PAULA | Do 31-03 ata o 07-04 |
DANIEL | Do 07-04 ata o 11-04 |
NAYA | Do 22-04 ata o 28-04 |
ARIANA | Do 28-04 ata o 05-05 |
IRENE | Do 05-05 ata o 12-05 |
PABLO O. | Do 12-05 ata o 19-05 |
ANTÍA | Do 19-05 ata o 26-05 |
CRISTIAN | Do 26-05 ata o 02-06 |
CARMEN | Do 02-06 ata o 09-06 |
AARÓN | Do 09-06 ata o 16-06 |
miércoles, 15 de enero de 2014
CARBÓN
Hoxe os nenos e nenas fixeron un descubrimento xenial: coa madeira queimada tamén se pode escribir e pintar. Este método chámase pintar ó carbón. Agora xa existen no mercado carbóns de distintos grosores para debuxar, pero nós miramos na borralla e atopamos tamén cachiños de carbón para pintar.
Logo pintaron cos carbóns que atoparon na borralla e cos que mercou na profe. Estes rapaces son uns artistas, mirade que ben o fixeron:
martes, 14 de enero de 2014
PIZARRA E PIZARRIÑO
Hoxe a profe trouxo algo co que escribían os nosos avós. Mirade que distintas eran as escolas de antes e as de agora. Antes os alumnos levaban unha pizarra e un pizzarriño para escribir nela. Na clase amarela hoxe tamén voltaron ó pasado.
E así ficou a pizarra logo de que tódolos nenos a decorasen:
Bicos dos trasnos.