Chegamos ó remate dos contos das familias!
Erika, a nai de Lara, contounos moitos contos dun libro que se chama: “Imos ler contos de 5 minutos!
Como nos gustaron tódolos contos!
Grazas familia!
Chegamos ó remate dos contos das familias!
Erika, a nai de Lara, contounos moitos contos dun libro que se chama: “Imos ler contos de 5 minutos!
Como nos gustaron tódolos contos!
Grazas familia!
Que ben o pasamos hoxe na clase amarela.
Tivemo-la visita da familia de Nuria: os seus irmás (Adrián e Manuel) e a súa nai, Esperanza.
Esperanza contounos un conto moi bonito, que nos gustou moito, “"Alicia no país das marabillas”
Manuel tocounos un tema coa súa guitarra:
https://www.youtube.com/watch?v=jAzMuvIcrX4
Adrián tocou o violonchelo:
https://www.youtube.com/watch?v=BZ4hoPeDxMI
Que conto tan bonito e que bonito concerto!
Grazas familia!
A nai de Carmen, Mari, estivo na clase amarela contando uns contiños.
O primeiro de Hansel e Gretel.
E logo contounos un do Lobo e os sete cabritiños.
Como nos gustaron os dous contos!
Grazas familia!
A nai de Ariana, Mari e o irmá de Ariana, Alberto viñeron a contarnos uns contiños.
Mari contounos “Os Bolechas queren saber como é un parque de bombeiros”
Alberto contounos “Os Bolechas van de viaxe: carreiras en Poio”
Foi moi agradábel estar con vós!
Grazas familia!
Como pesa Antía esta mochila cargada de historias para ver, escoitar e bailar!
Boa viaxe e boas lecturas!
Mirade, mirade, que ben están a medra-los vermes da clase amarela.
Agora si que se nota a diferenza entre os ovos, os vermiños recén nados e os nosos grandotes que case cumpren 3 semanas.
O pai de Antón, Roberto, estivo hoxe na aula amarela contando contos!
Primeiro contounos “Papá, por favor achégame a Lúa”
Logo, contou un dos que máis lles gusta a todos, O coelliño branco.
E, para rematar, contounos a historia de por que o Ratiño Pérez vai colle-los dentes ós nenos e lles deixa un agasallo.
Grazas Roberto!
Encantáronnos todos!
Mirade que grandotes están xa os vermes que lles regalamos aos nenos da clase amarela.
Non paran de comer e comer e de medrar. Axiña farán o seu capullo.
Xa vos iremos ensinando.
Saúdos dos trasnos