Páxinas

viernes, 19 de diciembre de 2014

martes, 9 de diciembre de 2014

A MOCHILA DE NURIA

 

Do cole a mochila  marchando e a casa de Nuria chegando

IMG_4694 [1600x1200]

Boa viaxe e boas lecturas!

lunes, 1 de diciembre de 2014

A MOCHILA DE AARÓN

 

Xa está lista a nosa mochila viaxeira de visita nas casas dos nenos.

A primeira viaxe á casa de Aarón

IMG_4683 [1600x1200]

Boa viaxe e boas lecturas!

jueves, 23 de octubre de 2014

VISITA Ó PAZO DE FEFIÑÁNS

 

Outro lugar ben interesante que visitar en Cambados é o Pazo de Fefiñáns.

Grazas a Marisa pola visita que nos fixo polo túnel, a Torre da Homenaxe, e o que máis nos gustou, o bosque encantado, onde atopamos con algún trasniño amigo.

 

viernes, 10 de octubre de 2014

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS

 

Seguimos co noso Proxecto sobre Cambados visitando a Praza de Abastos. Nela atopamos moitos oficios: peixeiras, carniceiras, panadeiras,… Tamén nos serviu a visita para coñecer un sitio máis do noso pobo, pois había algún que outro trasniño que aínda non a visitara nunca.

E que ricos os peixes e os mariscos!

E as verduras e hortalizas que hai na parte de arriba!

lunes, 22 de septiembre de 2014

VIAXE NO PAVITREN

 

Comezamos un curso máis e con el, un novo Proxecto, esta vez adicado a Cambados e os seus oficios. O que pretendemos é coñecer o noso pobo e tamén aqueles oficios máis significativos para o noso día a día.

E con estas saímos no Pavitren a dar unha voltiña pola vila.

Toda unha experiencia. O ben que o pasamos e cantas cousas vimos!

miércoles, 10 de septiembre de 2014

lunes, 2 de junio de 2014

A MOCHILA DE CARMEN

 

Marcha a nosa mochila peregrina camiño da casa de Carmen.

IMG_3940

 

Boa viaxe e boas lecturas!

viernes, 30 de mayo de 2014

REMATANDO COS CONTOS FAMILIARES

 

Chegamos ó remate dos contos das familias!

Erika, a nai de Lara, contounos moitos contos dun libro que se chama: “Imos ler contos de 5 minutos!

IMG_3939

Como nos gustaron tódolos contos!

Grazas familia!

martes, 27 de mayo de 2014

AS FAMILIAS CONTANDO E TOCANDO!

Que ben o pasamos hoxe na clase amarela.

Tivemo-la visita da familia de Nuria: os seus irmás (Adrián e Manuel) e a súa nai, Esperanza.

Esperanza contounos un conto moi bonito, que nos gustou moito, “"Alicia no país das marabillas”

 

IMG_3929 [1600x1200]

 

Manuel tocounos un tema coa súa guitarra:

https://www.youtube.com/watch?v=jAzMuvIcrX4

Adrián tocou o violonchelo:

https://www.youtube.com/watch?v=BZ4hoPeDxMI

Que conto tan bonito e que bonito concerto!

Grazas familia!

viernes, 23 de mayo de 2014

MÁIS CONTOS DAS FAMILIAS

 

A nai de Carmen, Mari, estivo na clase amarela contando uns contiños.

O primeiro de Hansel e Gretel.

 

IMG_3891

E logo contounos un do Lobo e os sete cabritiños.

 

IMG_3896

Como nos gustaron os dous contos!

Grazas familia!

martes, 20 de mayo de 2014

OS VERMES CONVÉRTENSE EN CASULOS

 

Que emocionante o que nos está a acontecer na aula amarela. Os vermes que lles regalamos os trasnos ós nenos e nenas hai xa un mes, están comezando a face-lo casulo.

Aquí vos deixamos todo o proceso dende que comeza a soltar o fio de seda ata que se acocha completamente dentro do casulo.

IMG_3882

IMG_3883

IMG_3884

IMG_3886

AS FAMILIAS SEGUEN A CONTARNOS CONTOS!

 

A nai de Ariana, Mari e o irmá de Ariana, Alberto viñeron a contarnos uns contiños.

Mari contounos “Os Bolechas queren saber como é un parque de bombeiros”

 

IMG_3872

Alberto contounos “Os Bolechas van de viaxe: carreiras en Poio”

 

IMG_3880

 

Foi moi agradábel estar con vós!

Grazas familia!

lunes, 19 de mayo de 2014

A MOCHILA DE ANTÍA

 

Como pesa Antía esta mochila cargada de historias para ver, escoitar e bailar!

 

IMG_3866

 

Boa viaxe e boas lecturas!

viernes, 9 de mayo de 2014

OS VERMES DE SEDA

 

Mirade, mirade, que ben están a medra-los vermes da clase amarela.

Agora si que se nota a diferenza entre os ovos, os vermiños recén nados e os nosos grandotes que case cumpren 3 semanas.

 

IMG_3801

MÁIS CONTOS DAS FAMILIAS

 

O pai de Antón, Roberto, estivo hoxe na aula amarela contando contos!

Primeiro contounos “Papá, por favor achégame a Lúa”

 

IMG_3792

Logo, contou un dos que máis lles gusta a todos, O coelliño branco.

 

IMG_3795

 

E, para rematar, contounos a historia de por que o Ratiño Pérez vai colle-los dentes ós nenos e lles deixa un agasallo.

 

IMG_3800

 

Grazas Roberto!

Encantáronnos todos!

lunes, 5 de mayo de 2014

OS VERMES

 

Mirade que grandotes están xa os vermes que lles regalamos aos nenos da clase amarela.

IMG_3768

Non paran de comer e comer e de medrar. Axiña farán o seu capullo.

Xa vos iremos ensinando.

Saúdos dos trasnos

A MOCHILA DE IRENE

 

Vai a mochila viaxeira á casa de  Irene cargadiña de historias.

 

IMG_3765

 

Boa viaxe e boas lecturas!

miércoles, 30 de abril de 2014

FESTA DOS MAIOS

 

Coa primavera chega a Festa dos Maios.

Os nenos da clase amarela traballaron arreo para axudar a decorar o Maio que fixeron as profes no patio.

Ós trasnos encántanos esta festa, porque á noitiña, cando os pequechos están nas casas, saímos a bailar a danza da primaver arredor do Maio.

Bicos dos trasnos!

ANIVERSARIO DE PAULA

 

Pastel de cumpleaños PARABÉNS PAULA!

 

IMG_3720

jueves, 24 de abril de 2014

OS CONTOS DAS FAMILIAS

 

Hoxe veu á clase amarela Cristina, a nai de Aarón, a contarnos o conto do Pirata Calavera. Aarón axudoulle moi ben a contalo e todos estiveron moi atentos.

IMG_3662 (700x700)

Grazas Cristina!

Gustounos moito!

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

 

No cole todos celebraron o día do libro, e as profes trouxeron un montón de libros distintos para facer unha exposición. Os trasnos tamén estivemos mirando os libros á noitiña cando todo estaba en calma. Había libros de tódolos tipos: contos infantís, libros de maiores, contos noutros idiomas, libros de pintores, de animais,….

IMG_3671 (700x700)

IMG_3672 (700x700)

martes, 22 de abril de 2014

A MOCHILA DE NAYA

 

A mochila viaxeira continua a súa andaina. Desta volta tócalle a Naya.

 

IMG_3655 (700x700)

Boa viaxe e boas lecturas!

SORPRESA DOS TRASNOS

 

Os trasnos xa tiñamos ganas de que voltasen os nenos e nenas á escola, que nos estabamos a aburrir.

Así que… sorpresa!!!

Deixámoslles uns agasallos de benvida.

IMG_3658 (700x700)

O encargado abriu os paquetes e neles había dous xogos para os recunchos da aula.

IMG_3660 (700x700)

Pero o que máis ilusión lles fixo foi o contido da caixa branca….

… uns vermes!!!!

DSC08898 (700x700)

A profe Dolo díxolles que eran vermes deses que fan seda e os nenos e a profe Bétol miraron en Internet e aprenderon cousas para coidalos: que comen moreira (e que no cole hai unha moreira), que fan un capullo de seda e ali quedan durmidiños e dos capullos saen bolboretas!!!

Que contentos estamos os trasnos de que vos gusten!!!

viernes, 28 de febrero de 2014

ENTROIDO

 

Que divertido foi este ano o Entroido. Na clase amarela “os inventores” saíron a facer unha danza que lles quedou moi bonita e que ben o fixeron

lunes, 17 de febrero de 2014

viernes, 14 de febrero de 2014

Día dos namorados

 

Hoxe descubrimos que había moitos namorados na clase. Que bonito día, e os nenos e nenas fixeron unha postaliña como agasallo para as familias.

Saúdos dos trasnos namorados!

 

miércoles, 12 de febrero de 2014

VISITA Ó MUPEGA


Por fin chegou o día da visita ó MUPEGA!
Hoxe contáronno-los nosos parientes os trasnos de Santiago que os nenos e nenas da clase amarela visitaron o Museo Pedagóxico de Galiza. Disque lles gustou moito e se portaron moi ben. Así remataron a primeira parte do proxecto dos inventos: os inventos que cambiaron a escola.
Agora van facer unha pequena exposición no cole cun pupitre que lles emprestaron no museo.