Páxinas

martes, 22 de abril de 2014

SORPRESA DOS TRASNOS

 

Os trasnos xa tiñamos ganas de que voltasen os nenos e nenas á escola, que nos estabamos a aburrir.

Así que… sorpresa!!!

Deixámoslles uns agasallos de benvida.

IMG_3658 (700x700)

O encargado abriu os paquetes e neles había dous xogos para os recunchos da aula.

IMG_3660 (700x700)

Pero o que máis ilusión lles fixo foi o contido da caixa branca….

… uns vermes!!!!

DSC08898 (700x700)

A profe Dolo díxolles que eran vermes deses que fan seda e os nenos e a profe Bétol miraron en Internet e aprenderon cousas para coidalos: que comen moreira (e que no cole hai unha moreira), que fan un capullo de seda e ali quedan durmidiños e dos capullos saen bolboretas!!!

Que contentos estamos os trasnos de que vos gusten!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario