Páxinas

miércoles, 30 de abril de 2014

FESTA DOS MAIOS

 

Coa primavera chega a Festa dos Maios.

Os nenos da clase amarela traballaron arreo para axudar a decorar o Maio que fixeron as profes no patio.

Ós trasnos encántanos esta festa, porque á noitiña, cando os pequechos están nas casas, saímos a bailar a danza da primaver arredor do Maio.

Bicos dos trasnos!

ANIVERSARIO DE PAULA

 

Pastel de cumpleaños PARABÉNS PAULA!

 

IMG_3720

jueves, 24 de abril de 2014

OS CONTOS DAS FAMILIAS

 

Hoxe veu á clase amarela Cristina, a nai de Aarón, a contarnos o conto do Pirata Calavera. Aarón axudoulle moi ben a contalo e todos estiveron moi atentos.

IMG_3662 (700x700)

Grazas Cristina!

Gustounos moito!

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

 

No cole todos celebraron o día do libro, e as profes trouxeron un montón de libros distintos para facer unha exposición. Os trasnos tamén estivemos mirando os libros á noitiña cando todo estaba en calma. Había libros de tódolos tipos: contos infantís, libros de maiores, contos noutros idiomas, libros de pintores, de animais,….

IMG_3671 (700x700)

IMG_3672 (700x700)

martes, 22 de abril de 2014

A MOCHILA DE NAYA

 

A mochila viaxeira continua a súa andaina. Desta volta tócalle a Naya.

 

IMG_3655 (700x700)

Boa viaxe e boas lecturas!

SORPRESA DOS TRASNOS

 

Os trasnos xa tiñamos ganas de que voltasen os nenos e nenas á escola, que nos estabamos a aburrir.

Así que… sorpresa!!!

Deixámoslles uns agasallos de benvida.

IMG_3658 (700x700)

O encargado abriu os paquetes e neles había dous xogos para os recunchos da aula.

IMG_3660 (700x700)

Pero o que máis ilusión lles fixo foi o contido da caixa branca….

… uns vermes!!!!

DSC08898 (700x700)

A profe Dolo díxolles que eran vermes deses que fan seda e os nenos e a profe Bétol miraron en Internet e aprenderon cousas para coidalos: que comen moreira (e que no cole hai unha moreira), que fan un capullo de seda e ali quedan durmidiños e dos capullos saen bolboretas!!!

Que contentos estamos os trasnos de que vos gusten!!!